Isto SI é un Home: Unha mirada masculina contra o patriarcado

  1. home
  2. Books
  3. Isto SI é un Home: Unha mirada masculina contra o patriarcado

Isto SI é un Home: Unha mirada masculina contra o patriarcado

2.90 10 0
Share:

En Isto SI é un Home, Francisco Castro explota a súa faceta como filósofo para situarse no pensamento feminista desde a súa condición de varón....

Also Available in:

  • Amazon
  • Audible
  • Barnes & Noble
  • AbeBooks
  • Kobo

More Details

En Isto SI é un Home, Francisco Castro explota a súa faceta como filósofo para situarse no pensamento feminista desde a súa condición de varón. Trátase dun ensaio onde o autor ironiza sobre os mitos irracionais do patriarcado para demostrar, desde unha respectuosa seriedade, como o machismo é mundialmente destrutivo, eticamente peor e cunha decidida e indesexable tendencia á infelicidade. Hai aquí un manifesto contra a violencia que reivindica insistentemente a liberdade e a diversidade como dereitos irrenunciables de calquera ser humano, sexa el, ela ou ele. A súa lectura é obrigada para quen desexe entender mellor esta revolución ideolóxica do século XXI, a chamada Cuarta Onda do Feminismo.

Recorrendo á memoria persoal, Isto SI é un Home é ademais a confesión emocionante dun autor que propón o reto de seguir o seu exemplo e facerse homes feministas. Está nestas páxinas, polo tanto, o Francisco Castro máis vitalista, provocador e descarnado que non dá opcións á indiferenza apelando aos machistas e totalitarios e que, polo tanto, nos pide ser valentes para cambiar o mundo.

  • Format:Paperback
  • Pages:180 pages
  • Publication:2022
  • Publisher:Galaxia
  • Edition:Feminismos n° 12
  • Language:glg
  • ISBN10:8491517979
  • ISBN13:9788491517979
  • kindle Asin:8491517979

About Author

Francisco Castro

Francisco Castro

3.40 914 123
View All Books